O Sistema EBI defínese a si mesmo como un proxecto innovador que acredita na tecnoloxía como parte do proceso educativo. Tendo en conta este aspecto, debemos lembrar que innovación non significa unicamente emprego das TIC. Partindo desta base, considero que este proxecto é innovador por contar cun plan de estudos personalizado e por ser un modelo integrador. Porén, esta metodoloxía individual 2.0 na que os alumnos e alumnas non conciben o seu día a día sen as novas tecnoloxías asústame un pouco, xa que para min o primordial é o fomento da creatividade, o reforzo da educación emocional e, sobre todo, o acceso ao coñecemento a través dun traballo cooperativo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario