xoves, 28 de febreiro de 2019

Et vous? Êtes-vous un prince ou une princesse?

Educación Real ou Virtual?


O Sistema EBI defínese a si mesmo como un proxecto innovador que acredita na tecnoloxía como parte do proceso educativo. Tendo en conta este aspecto, debemos lembrar que innovación non significa unicamente emprego das TIC. Partindo desta base, considero que este proxecto é innovador por contar cun plan de estudos personalizado e por ser un modelo integrador. Porén, esta metodoloxía individual 2.0 na que os alumnos e alumnas non conciben o seu día a día sen as novas tecnoloxías asústame un pouco, xa que para min o primordial é o fomento da creatividade, o reforzo da educación emocional e, sobre todo, o acceso ao coñecemento a través dun traballo cooperativo.

xoves, 21 de febreiro de 2019

Mots mêlés: les vêtements


E xa para rematar con este repaso das prendas de roupa, realizaremos unha sopa de letras (desas que tanto vos gustan! 😉)


 

Un vêtement et une devinette


Seguimos repasando o léxico da roupa, desta vez cunha adiviña:
 
 

Alors, on s'habille


Imos repasar o léxico das prendas de roupa coa axuda de tres xogos distintos. O primeiro deles é un xogo moi sinxelo que consiste en ordenar as letras para atopar a prenda de roupa que se esconde detrás delas:

 

luns, 18 de febreiro de 2019

Gauche décrit sa chambre


"Ma soeur Marie et moi, on partage une chambre. Dans notre chambre il y a deux lits, une armoire et un bureau. Sur le bureau, il y a beaucoup de livres et de cahiers. La chambre est bleue et verte parce que moi, j'aime le bleu et Marie, elle aime le vert. Nous n'avons pas de téléphone ni de télévision dans notre chambre"

1. Unha vez lido o texto, responde ás preguntas da nosa amiga Gauche

2.  Agora completa estas afirmacións:
   - Il n'y a pas de/d' ... dans la chambre.
   - Il y a ... sur le bureau.
   - Sa soeur s'appelle ...
   - La couleur préférée de Gauche est ...

xoves, 14 de febreiro de 2019

La famille, un jeu?



Unha vez visto o léxico da familia na aula, dedicaremos o final da nosa clase a facer unha sopa de letras en liña. Así, os nosos alumnos e alumnas familiarizaranse co vocabulario da maneira que máis lles gusta: xogando!


La dictée, une passion française


La dictée será unha práctica habitual na clase de francés ao longo deste curso. A primeira que realizaremos será a seguinte:



On va faire les présentations


Présentation by anonymous

 
    1. Responde ás seguintes cuestións:

     - Qui parle anglais?
     - Qui vient d'Italie?
     - Qui est français?
     - Qui ne parle pas italien?
     - Qui est le plus âgé? 


    2. Por mor dun fallo na edición desta banda deseñada, atopamos catro erros no texto, saberías explicarnos cales son?


    3. En parellas. Coa axuda de Lisa e desta banda deseñada, preséntanos ao teu compañeiro ou compañeira: nome, idade, nacionalidade, linguas que coñece ou fala...


xoves, 7 de febreiro de 2019

Testez vos connaissances


Entre todos e todas marcaremos o punto de partida deste blog. Para iso é preciso que realicedes esta avaliación inicial, composta por seis probas, na que se recollen os contidos vistos durante o curso pasado: saúdos e presentación; cores, números e horas; formación do feminino e do plural; artigos, demostrativos e posesivos; negación con ne...pas; pronomes, verbos e os auxiliares être/avoir. Allez-y!


Da LECCIÓN á ACCIÓN



Unha docente innovadora debería saber pasar a lección á acción e combinar distintos recursos para favorecer a aprendizaxe do alumnado. Desde esta perspectiva, serían indispensables aspectos como: motivar aos alumnos e alumnas, promover o traballo cooperativo respectando as individualidades, fomentar a creatividade, educar en valores e empregar as TIC como instrumentos de traballo.

COUCOU :)

 

Por fin temos o noso blog! Un blog deseñado para as clases de francés de 2ºESO. Como xa vos expliquei na aula, esta será unha das nosas ferramentas de apoio.

 

Bienvenus et bienvenues dans notre réalité!