#PasséComposé.Gal
xoves, 28 de febreiro de 2019
Educación Real ou Virtual?
O Sistema EBI defínese a si mesmo como un proxecto innovador que acredita na tecnoloxía como parte do proceso educativo. Tendo en conta este aspecto, debemos lembrar que innovación non significa unicamente emprego das TIC. Partindo desta base, considero que este proxecto é innovador por contar cun plan de estudos personalizado e por ser un modelo integrador. Porén, esta metodoloxía individual 2.0 na que os alumnos e alumnas non conciben o seu día a día sen as novas tecnoloxías asústame un pouco, xa que para min o primordial é o fomento da creatividade, o reforzo da educación emocional e, sobre todo, o acceso ao coñecemento a través dun traballo cooperativo.
xoves, 21 de febreiro de 2019
Mots mêlés: les vêtements
E xa para rematar con este repaso das prendas de roupa, realizaremos unha sopa de letras (desas que tanto vos gustan! 😉)
Alors, on s'habille
Imos repasar o léxico das prendas de roupa coa axuda de tres xogos distintos. O primeiro deles é un xogo moi sinxelo que consiste en ordenar as letras para atopar a prenda de roupa que se esconde detrás delas:
luns, 18 de febreiro de 2019
Gauche décrit sa chambre
"Ma soeur Marie et moi, on partage une chambre. Dans notre chambre il y a deux lits, une armoire et un bureau. Sur le bureau, il y a beaucoup de livres et de cahiers. La chambre est bleue et verte parce que moi, j'aime le bleu et Marie, elle aime le vert. Nous n'avons pas de téléphone ni de télévision dans notre chambre"
1. Unha vez lido o texto, responde ás preguntas da nosa amiga Gauche
2. Agora completa estas afirmacións:
- Il n'y a pas de/d' ... dans la chambre.
- Il y a ... sur le bureau.
- Sa soeur s'appelle ...
- La couleur préférée de Gauche est ...
xoves, 14 de febreiro de 2019
La famille, un jeu?
Unha vez visto o léxico da familia na aula, dedicaremos o final da nosa clase a facer unha sopa de letras en liña. Así, os nosos alumnos e alumnas familiarizaranse co vocabulario da maneira que máis lles gusta: xogando!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)